domingo, 15 de octubre de 2017

COPA DIPUTACION POR EQUIPOS DE AJEDREZ 2017

Na modalidade de sistema universitario nun torneo individual puntuando os 4 primeiros de cada equipo, con tempo 10 m. + 3 s. por xogador.

celebrouse o campeonato provincial por equipos 2017, cunha participación duns 50 xogadores que encheu a sala anexa do Auditorio de Verín a partir das 17 h. do sábado 14 de outubro. Despois de 6 roldas de dura pugna, o Club Xadrez Ourense A fíxose co triunfo final sen dar opción aos seus rivais, dado que avantaxou ao Liceo, o 2º clasificado e campión anterior, en 4 puntos. Foi tal a superioridade que os xogadores do equipo campión ocuparon os 3 primeiros postos. 3º clasificado resultaron ser as promesas do Club Xadrez Ourense B, seguido do club anfitrión, o Verín Terra do Cigarrón e 5º o club Xadrez Celanova. Marcos Lorenzo fíxose co trofeo ao primeiro veterano e Trisán Alonso, do Verín Portas Abertas, co trofeo ao mellor sub 14. Na entrega de premios, estivo presente o presidente do Club Xdrez Portas Abertas de Verín, o alcalde de Verín, además de Oscar Martínez, o organizador do evento. Como premios, ademáis dos trofeos, os 5 primeiros clasificados leváronse 2 reloxios dixitais.



Campión: Club Xadrez Ourense A, 20,5 pts Subcampión: Liceo Recreo Ourensano Grupo Academia Postal, 16 pts 3º Clasificado: Club Xadrez Ourense B, 14 pts 4º Clasificado: Verín Terra do Cigarrón, 13,5 pts 5ºClasificado: Club Xadrez Celanova, 13 pts 6ºClasificado: Club Xadrez Ateneo, 12 pts 7º Clasificado: Verín Veteranos, 12pts Campión Torneo Absoluto: David Gómez, 5,5 pts Subcampión Torneo Absoluto: Martín Gómez, 5,5 pts 3º clasificado Torneo Absoluto: Alejandro De León, 5 pts Campión sub14: Tristán Alonso Campión Veterano: Marcos Lorenzo


 IMPRESIONNTE SALA DE JUEGO EN EL AUDITORIO DE VERIN 


No hay comentarios:

Publicar un comentario