Na modalidade de sistema universitario nun torneo
individual puntuando os 4 primeiros de cada equipo, con tempo 10 m. + 3 s. por
xogador.
celebrouse o campeonato provincial por equipos 2017, cunha
participación duns 50 xogadores que encheu a sala anexa do Auditorio de Verín a
partir das 17 h. do sábado 14 de outubro. Despois de 6 roldas de dura pugna, o
Club Xadrez Ourense A fíxose co triunfo final sen dar opción aos seus rivais,
dado que avantaxou ao Liceo, o 2º clasificado e campión anterior, en 4 puntos.
Foi tal a superioridade que os xogadores do equipo campión ocuparon os 3
primeiros postos. 3º clasificado resultaron ser as promesas do Club Xadrez
Ourense B, seguido do club anfitrión, o Verín Terra do Cigarrón e 5º o club
Xadrez Celanova. Marcos Lorenzo fíxose co trofeo ao primeiro veterano e Trisán
Alonso, do Verín Portas Abertas, co trofeo ao mellor sub 14. Na entrega de
premios, estivo presente o presidente do Club Xdrez Portas Abertas de Verín, o
alcalde de Verín, además de Oscar Martínez, o organizador do evento. Como
premios, ademáis dos trofeos, os 5 primeiros clasificados leváronse 2 reloxios
dixitais.
Campión: Club Xadrez Ourense A, 20,5 pts Subcampión: Liceo
Recreo Ourensano Grupo Academia Postal, 16 pts 3º Clasificado: Club Xadrez
Ourense B, 14 pts 4º Clasificado: Verín Terra do Cigarrón, 13,5 pts
5ºClasificado: Club Xadrez Celanova, 13 pts 6ºClasificado: Club Xadrez Ateneo,
12 pts 7º Clasificado: Verín Veteranos, 12pts Campión Torneo Absoluto: David
Gómez, 5,5 pts Subcampión Torneo Absoluto: Martín Gómez, 5,5 pts 3º clasificado
Torneo Absoluto: Alejandro De León, 5 pts Campión sub14: Tristán Alonso Campión
Veterano: Marcos Lorenzo
IMPRESIONNTE SALA DE JUEGO EN EL AUDITORIO DE VERIN