O campeonato provincial por equipos 2016 organizado polo
Club Xadrez Celanova celebrouse no Pavillón municipal de Celanova o sábado 8 de
outubro a partir da 17 h. Este ano a competición levouse a cabo mediante torneo
individual sistema universitario, o que significa que se xogaba todos contra
todos por sistema suizo a 6 roldas sen opoñer xogadores do mesmo equipo.
Repartíanse trofeos as tres mellores puntuacións individuais e 5 trofeos aos 5
primeiros equipos con lote de 6 libros.
Participaron un total duns 30
xogadores, sendo o Xadrez Ourense con 8 participantes e o Liceo de Ourense con
6 os máis representados, seguidos polo Club Xadrez Benchosei , Xadrez Celanova
e Ateneo de Ourense con 5, 5, 4 integrantes respectivamente.
As partidas
disputáronse nun ambiente cordial gracias a organización do Xadrez Celanova da
man de Sindo Rodríguez, o árbitro principal, que ademáis de xogar soubo estar
presente para resolver algunha situación conflictiva.
No resultado final houbo
unha relativa sorpresa xa que se impúxose o Liceo de Ourense ao Xadrez Ourense,
actual campión galego por equipos. O man a man entre os dous equipos resolveuse
na última rolda, pois o Liceo só levaba medio punto de vantaxe.
Na última rolda
a maior veteranía dos xogadores do Liceo alcanzaron unha diferenza de 3 puntos
(19 puntos en total) con respecto ao Xadrez Ourense (16 puntos), terceiro
resultaría o Ateneo de Ourense con 12, 5 puntos.
Equipo Campeón Liceo de Ourense
No ámbito individual
confirmouse a supremacía dos dous primeiros equipos, máis a favor do Liceo con
Marcos Lorenzo que resultou o vencedor do torneo individual seguido por Armando
de Sousa e en 4º lugar por Alejandro Meira, hexemonía soamente rota por Gabriel
Roma do Xadrez Ourense insertándose no 3º posto.
Rafael de Leon del Ateneo de Ourense
A postre resultaron decisivas
as victorias d Joaquín Bello na 2º rolda e de Armando de Sousa na 5º sobre o
primeiro do ranking David Gómez. Resaltar finalmente que se recuperou una sana
costume de regalar libro de xadrez fonte de estudo, reflexión e lectura pausada
que as veces nos nega a concorrida rede internet que por outra banda nos da
múltiples vantaxes para este noble xogo que xa todos sabemos. Bendita sexan
aínda os libros que nos dan o traballo xa preparadiño e nos evitan ter que
buscar, rebuscar e seleccionar nun sinfín de espazos virtuais. Noraboa a todos
participantes.
Crónica: Manuel Ángel García Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario